Destaca a túa escola ou surf camp

Cada praia ten tres posicións destacadas para escolas e outras tres para surf camps, arriba de todo, antes ca o resto.

Que inclúe

  • Unha das tres primeiras posicións na páxina da túa praia, en cinco idiomas.
  • Botóns directos á túa web, WhatsApp, teléfono e Instagram.
  • O teu logo e unha descrición do que ofreces.
  • Ligazón desde a previsión de surf da praia, que é o que consulta a xente antes de ir.

A ficha gratuíta

Todas as escolas e surf camps saen gratis co seu nome e a súa praia. Se algún dato está mal, escríbenos e corrixímolo.

Como contratalo

Escríbenos e contámosche o prezo e que posicións quedan libres na túa praia.

As posicións asígnanse por orde de chegada. Mándanos o nome, a praia, a túa web, WhatsApp, Instagram, o logo e un texto curto.

Escribir un correo

As fichas destacadas levan a etiqueta «Patrocinado». Non cambian a previsión nin a nota de surf de ningunha praia.